Friday 03 de May de 2024

O domingo 21 de xaneiro proxectarase unha nova sesión de Ecocine na Casa do pobo de Nós


Nuestro Bebé elefante proxectarase na Casa do Pobo de Nós ás 18:00h

Nuestro Bebé elefante é un conmovedor documental onde se amosa o vínculo inquebrantable que se pode forxar entre os humanos e os animais.

As sesións de ECOCINE, proxectadas os terceiros domingos de mes, teñen como obxectivo amosarnos como poder coidarmos da natureza e do planeta.

Público: recomendada para maiores de 7 anos
Duración: 40 minutos